jueves, 16 de abril de 2020

Actividades 3ºESO (16.04.2020)

Estimado alumnado, en primeiro lugar desexar que, vós e as persoas máis próximas, esteades ben de saúde e a pasar o mellor posible este período de confinamento.

A continuación, preséntovos a seguinte actividade a realizar, relacionada co tchoukball, unidade didáctica que estabamos a traballar antes de suspender as clases. A actividade consiste na realización dunha infografía sobre este deporte, na que deben aparecer os elementos esenciais que nos permitan practicar este deporte como son o terreo de xogo, o número de xogadores por equipo, as normas máis básicas para poder xogar, como anotar un punto... e todos aqueles elementos que consideres que son de interese (seleccionar a información máis importante posto que non hai moito espazo).

Unha infografía é unha ferramenta que nos permite entender (neste caso) un deporte dun xeito rápido e sinxelo, é dicir, como un póster que nos explica o máis básico para poder comezar a xogar. Como ides a ver nos exemplos que adxunto, debe haber pouco texto, polo que debemos resumir o máximo que poidamos e incluír imaxes que nos describan o que queremos dicir.

Podedes realizala de dous xeitos:

1. Realizala a man, nunha cartulina ou folio, debuxando e escribindo vós mesmos todo contido. Tamén podedes facer unha especie do collage, recortando e pegando as imaxes e escribindo vós o texto (máis recomendable).
2. Realizala cunha aplicación informática. Penso que esta é a forma máis fácil, posto que so tendes que seleccionar as imaxes que queredes e escribir o texto desde o ordenador. Unha vez finalizada, podedes enviarma por correo electrónico. Hai moitas aplicacións nas que podedes escoller pero persoalmente recomendo utilizar Canva (www.canva.com), dado que é moi sinxelo de utilizar (adxunto un enlace cun tutorial de como se fai).

IMPORTANTE. Debe ser presentada nunha soa páxina. Recomendable mandala en PDF.




DATA LÍMITE ENTREGA: LUNS 27 ABRIL
FORMA DE ENTREGA: correo electrónico (oscar.romero.chouza@edu.xunta.es)

No hay comentarios:

Publicar un comentario