martes, 25 de junio de 2019

Traballo recuperación setembro 2019 (todos os cursos)

Estimadas/os alumnas/os:

Logo de non acadar os obxectivos mínimos propostos para a materia de Educación Física neste curso que xa remata, chega o momento de intentalo durante o verán. Como xa sabedes, non son partidario de realizar  exames, e moito menos aqueles de carácter teórico. E esta non vai a ser a excepción. Así, o traballo práctico que máis abaixo vos propoño debe ser entregado na data oficial sinalada polo Colexio para o exame de Educación Física na convocatoria de setembro (consultar páxina web). Este vaivos a permitir superar a materia dun xeito sinxelo e asemade divertido, polo que penso que vale a pena levalo a cabo.


martes, 18 de junio de 2019

3ª avaliación. Avalía ó teu profesor (todos os cursos)

Estimado alumnado! Como xa sabedes, esta é semana de exames, traballos e avaliacións, con todo o que iso conleva. Habitualmente, este é un proceso que realiza o profesorado sobre vós, pero neste caso quero que tamén sexades avaliadores de como o fixo o voso profesor de EF durante esta avaliación, dado que se non está no camiño correcto debe sabelo e mellorar aquelas cousas nas que estea máis frouxo.

O formulario é totalmente anónimo, de forma que non vou a saber quen é cada un de vós. Sede sinceros nas respostas, posto que é a única forma de ter unha avaliación xusta.



sábado, 15 de junio de 2019

2ºESO. Deportes de equipo: voleibol

Estimados/as alumnos/as, aquí vos presento a derradeira actividade do ano, en relación ó voleibol. A maioría delas seredes capaces de darlle resposta co traballado nas sesións, outras deberedes indagar un chisco. Moita sorte!

miércoles, 29 de mayo de 2019

3ºESO. Apuntes proba teórica fútbol sala

Estimadas/os alumnas/os, aquí vos deixo os dous enlaces para repasar de cara á proba práctica do venres 31 de maio. Nunha están os apuntes e noutra o regulamento. Moito ánimo!





viernes, 10 de mayo de 2019

2º ESO. Documental balonmán

Despois do visionado do programa Informe Robinson, sobre sobre as deportistas olímpicas españolas, debedes resposnder a unha serie de preguntas que vos adxunto a continuación. Trátase máis de expresar a vosa opinión dunha forma razoada e dando argumentos a favor e en contra, que de elementos relacionados co documental.

- Enlace documental (click aquí)

Data de entrega: por confirmar




3ºESO. Muller e deporte. Fútbol feminino

Estimadas/os alumnas/os. Aquí vos presento diversas cuestións acerca do documental que vimos do fútbol feminino en España. A maioría das cuestións son para a vosa reflexión e non de aspectos relacionados co documental en si.

- Adxunto o link ó documental (click aquí)



Data de entrega por confirmar

4ºESO. Deporte e autismo.

Estimadas/os alumnas/os. Aquí vos presento unhas breves cuestións sobre o documental que vimos acerca do autismo. Todas elas teñen que ver máis coa reflexión persoal que aspectos propios do documental, polo que vos pido un esforzo pola vosa parte para non ter problemas coas actividades teóricas.

Data de entrega: por confirmar


jueves, 14 de marzo de 2019

4º ESO. Xogos/deportes tradicionais ou populares de fóra de Galicia

Estimadas/os alumnas/os, paso a presentarvos a seguinte actividade sobre os xogos tradicionais ou populares de fóra da comunidade galega. Tal e como dixemos o martes pasado na sesión presencial, a actividade será desenvolvida por grupos (xa feitos) e exposta a través dunha presentación de power point o día venres 22 de marzo de 2019. A continuación, adxunto o enlace coa explicación detallada do traballo e unha ficha que podedes tomar como exemplo para recabar a información.

Moita sorte!

2º ESO. Xogos tradicionais e populares de Galicia

Estimadas/os alumnas/os. No seguinte enlace adxunto a información sobre a actividade que falamos o pasado martes na sesión presencial. Debedes levala a cabo por grupos (xa feitos) e entregala por correo electrónico ou en formato impreso antes do día domingo 24 de marzo de 2019.

Recordade que cada grupo so ten que explicar un xogo tradicional.


miércoles, 30 de enero de 2019

1º ESO. Proba práctica malabares.

Estimadas/os alumnas/os. Como ben sabedes, o martes comezamos cunha nova unidade didáctica na que imos aprender a facer malabares, tanto con 2 bolas coma con 3. A proba práctica non vai a ser ó uso, senón que imos incorporar unha nova forma de elaboración e entrega da mesma (a continuación tendes o enlace coas instruccións).

Para a elaboración das tres pelotas coas que imos a executar estas habilidades, recomendo que consultedes un dos múltiples tutoriais que hai na páxina YouTube.

4º ESO. Infografía baloncesto.

Estimadas/os alumnas/os, no archivo que adxunto a continuación aparecen as instrucións que vimos durante a sesión de hoxe para elaborar a infografía sobre o tema que vos tocou a cada grupo. En principio, aparece todo paso por paso e non debería haber problema ningún, pero no suposto de existir, non dubidedes en enviar un correo ou preguntar no colexio.

Moito ánimo e moita sorte!



miércoles, 23 de enero de 2019

2º ESO. Apuntes proba teórica bádminton.

Estimadas/os alumnas/os. No seguinte enlace, adxunto os apuntes sobre a teoría do bádminton para a proba teórica que terá lugar este venres, día 25 de xaneiro. Como ides poder observar, son moi curtos no que se refire á extensión, se ben non vos esquecer de botar unha ollada ó regulamento e facer memoría dos contidos traballados nas sesións, posto que haberá preguntas sobre supostos prácticos.

Moito ánimo e moita sorte!

2º ESO. Infografía deportes de raqueta: bádminton

Estimadas/os alumnas/os. Achégovos no seguinte PDF a información que debín explicar na sesión de onte martes e non fun quen, sobre a realización dunha infografía sobre o tema asignado a cada grupo en relación co bádminton. Calquera dúbida que teñades, podemos intentar solventala o venres, xa sexa durante a sesión ou noutro momento.

Recordade que o día de entrega é o martes 29 de xaneiro de 2019, non aceptándose ningún traballo máis aló desa data.