Estimado
alumnado, en primeiro lugar desexar que, vós e as persoas máis próximas, esteades
ben de saúde e a pasar o mellor posible este período de confinamento.
A continuación,
preséntovos a seguinte actividade a realizar, relacionada co baloncesto,
unidade didáctica que estabamos a traballar antes de suspender as clases. A
actividade consiste na realización dunha infografía sobre este deporte,
na que deben aparecer os elementos esenciais que nos permitan practicar
este deporte como son o terreo de xogo, o número de xogadores por equipo, as
normas máis básicas para poder xogar, o valor de cada canastra, faltas que pode
cometer cada xogador... e todos aqueles elementos que consideres que son de
interese (seleccionar a información máis importante posto que non hai moito
espazo).
Unha infografía é
unha ferramenta que nos permite entender (neste caso) un deporte dun xeito
rápido e sinxelo, é dicir, como un póster que nos explica o máis básico
para poder comezar a xogar. Como ides a ver nos exemplos que adxunto, debe
haber pouco texto, polo que debemos resumir o máximo que poidamos e incluír
imaxes que nos describan o que queremos dicir.
Podedes
realizala de dous xeitos:
1. Realizala a
man, nunha cartulina ou folio, debuxando e escribindo vós mesmos todo
contido. Tamén podedes facer unha especie do collage, recortando e pegando as
imaxes e escribindo vós o texto (máis recomendable).
2. Realizala
cunha aplicación informática. Penso que esta é a forma máis fácil, posto
que so tendes que seleccionar as imaxes que queredes e escribir o texto desde o
ordenador. Unha vez finalizada, podedes enviarma por correo electrónico. Hai
moitas aplicacións nas que podedes escoller pero persoalmente recomendo
utilizar Canva (www.canva.com), dado que é moi sinxelo de utilizar (adxunto un
enlace cun tutorial de como se fai).
IMPORTANTE. Debe ser presentada nunha soa páxina. Recomendable
mandala en PDF.
Exemplo infografía baloncesto: https://www.mundodeportivo.com/juegos-olimpicos/rio-2016/deportes/baloncesto.html
Tutorial infografía Canva: https://www.youtube.com/watch?v=uGzVpZHWQzc&t=27s
DATA LÍMITE ENTREGA: LUNS 27 ABRIL
FORMA DE ENTREGA: correo electrónico (oscar.romero.chouza@edu.xunta.es)
No hay comentarios:
Publicar un comentario