martes, 25 de junio de 2019
Traballo recuperación setembro 2019 (todos os cursos)
Logo de non
acadar os obxectivos mínimos propostos para a materia de Educación Física neste
curso que xa remata, chega o momento de intentalo durante o verán. Como xa
sabedes, non son partidario de realizar exames, e moito menos aqueles de carácter teórico.
E esta non vai a ser a excepción. Así, o traballo
práctico que máis abaixo vos propoño debe ser entregado na data oficial sinalada polo Colexio para o exame de
Educación Física na convocatoria de setembro (consultar páxina web). Este vaivos a permitir superar a materia
dun xeito sinxelo e asemade divertido, polo que penso que vale a pena levalo a
cabo.
martes, 18 de junio de 2019
3ª avaliación. Avalía ó teu profesor (todos os cursos)
Estimado alumnado! Como xa sabedes, esta é semana de exames, traballos e avaliacións, con todo o que iso conleva. Habitualmente, este é un proceso que realiza o profesorado sobre vós, pero neste caso quero que tamén sexades avaliadores de como o fixo o voso profesor de EF durante esta avaliación, dado que se non está no camiño correcto debe sabelo e mellorar aquelas cousas nas que estea máis frouxo.
O formulario é totalmente anónimo, de forma que non vou a saber quen é cada un de vós. Sede sinceros nas respostas, posto que é a única forma de ter unha avaliación xusta.
O formulario é totalmente anónimo, de forma que non vou a saber quen é cada un de vós. Sede sinceros nas respostas, posto que é a única forma de ter unha avaliación xusta.
sábado, 15 de junio de 2019
2ºESO. Deportes de equipo: voleibol
Estimados/as alumnos/as, aquí vos presento a derradeira actividade do ano, en relación ó voleibol. A maioría delas seredes capaces de darlle resposta co traballado nas sesións, outras deberedes indagar un chisco. Moita sorte!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)