martes, 27 de noviembre de 2018

Deportes de raqueta: bádminton (3º ESO)

Estimadas/os alumnas/os. Aquí vos presento unhas breves cuestións sobre o deporte que vimos traballando nas últimas semanas. O obxectivo destas preguntas é adquirir ou asentar os coñecementos teóricos sobre o bádminton para que, no momento de levar a cabo a práctica, non teñamos ningún problema no desenrolo do xogo e poidamos desfrutalo en toda a súa esencia. Moito ánimo!

Cuestionario bádminton (click aquí)


Data límite de entrega: VENRES 7 DE DECEMBRO DE 2017

lunes, 26 de noviembre de 2018

Informe Robinson Carolina Marín (1º ESO)

Estimados/as alumnos/as. Despois do visionado do programa Informe Robinson, no capítulo que fai unha aproximación á figura de Carolina Marín, debedes de dar resposta ás cuestións que se adxuntan no enlace de abaixo. Trátase máis de expresar a vosa opinión dunha forma razoada e dando argumentos a favor e en contra, que de elementos relacionados co documental en si. Moito ánimo!



DATA LÍMITE DE ENTREGA. DOMINGO 2 DE DECEMBRO DE 2018

miércoles, 7 de noviembre de 2018

Informe Robinson. Lucas Eguíbar (3º e 4º ESO)

Estimados/as alumnos/as, aquí vos deixo (con grande retraso) as preguntas sobre o documental visto en clase. Son moi sinxelas e, máis que nada, dirixidas á reflexión persoal.

Enlace documental YouTube.

Preguntas documental Lucas Eguíbar


DATA LÍMITE DE ENTREGA: VENRES 16 DE NOVEMBRO DE 2018

martes, 16 de octubre de 2018

Avaliación inicial Educación Física (todos os cursos)

Estimadas/os alumnas/os. Aquí vos presento a primeira actividade teórica deste novo curso. Logo de realizar a avaliación inicial a nivel práctico durante as primeiras sesións do curso, agora é o turno para a parte teórica. Como ides a comprobar unha vez aberto o formulario, hai preguntas que seguramente non coñezades a resposta de primeira man, pero non vos preocupar, o obxectivo é coñecer onde nos atopamos neste inicio de curso para ter todo dominado alá polo mes de xuño (incluso antes, dado que o profesor é marabilloso 😉).


Prestade moita atención ás preguntas e sorte!

martes, 3 de julio de 2018

Traballo recuperación setembro (todos os cursos)

Estimados/as alumnos/as. Como ben sabedes, aqueles/as que non superástedes a materia durante o curso escolar, tendes unha nova oportunidades en setembro, que espero que sexa a boa.

Na folla que aparece a continuación figuran as instrucións sobre o traballo a realizar, ademais de que os vosos/as titores/as van a entregárvola impresa.

Educación Física setembro 2018 (click aquí)

DATAS DE ENTREGA E EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS

- 1º ESO. Luns 3 de setembro de 11:00 a 12:00
- 2º ESO. Luns 3 de setembro de 10:00 a 11:00


domingo, 17 de junio de 2018

4º ESO. Preguntas UD voleibol

Estimadas/os alumnas/os. Aquí vos presento unhas sinxelas cuestións sobre a Unidade Didáctica de voleibol que viñemos traballando nas últimas  sesións. A súa comprensión farános ter unha práctica moito máis fluída e placenteira.

Poño como data límite o mércores 20 de xuño dado que non vos levará máis de 10 minutos responder a todas elas.

Preguntas UD voleibol (click aquí)

viernes, 15 de junio de 2018

3º ESO. Preguntas Unidade Didáctica fútbol sala

Estimadas/os alumnas/os, aquí vos presento unhas sinxelas cuestións sobre o que viñemos traballando estos últimos días nas sesións prácticas. Como ides a ver, todas elas están relacionadas con aspectos do xogo, os cales canto mellor comprendamos máis nos vai a facilitar a práctica.

Déixovolo aberto para responder até o mércores 20 de xuño.

Preguntas fútbol sala (click aquí)

miércoles, 6 de junio de 2018

2º ESO. Preguntas balonmán

Estimadas/os alumnas/os, preséntovos as preguntas acerca da Unidade Didáctica que estamos a desenvolver estos días nas sesións prácticas. Como poderedes ver, son cuestións moi sinxelas que nos van a axudar a comprender mellor este deporte e nos van a facilitar a súa práctica.

O formulario está deseñado para que saia a puntuación automáticamente e así poidades ver que respostas acertades e cales son erróneas.

Calquera dúbida ou problema podedes consultarme no colexio.

Preguntas balonmán (pica aquí)

martes, 5 de junio de 2018

2º ESO. Investigación xogos tradicionais

Estimadas/os alumnas/os. Aquí presento a derradeira actividade deste curso na que ides ter que levar a cabo unha pequena pesquisa sobre os xogos e deportes tradicionais/populares da comarca de Ferrolterra. Na folla que aparece a continuación están todos os pasos a seguir para a súa elaboración e posterior posta en práctica.

Calquera problema ou dúbida que poda surxir aclararémola nas sesións presenciais.


1º ESO. Proba práctica expresión corporal

Estimadas/os alumnas/os, preséntovos a última actividade do curso onde, como vos comentei na clase, ides ter que levar a cabo a representación en grupos dun conto infantil.

Aquí deixo as instruccións e xa sabedes, calquera dúbida resolverémola nas sesións presenciais.

miércoles, 23 de mayo de 2018

Malabares

Estimadas/os alumnas/os, déixovos os enlaces para poder facer as pelotas de malabares e como empezar a practicar con elas para acadar os obxectivos propostos nesta Unidade Didáctica. Seguro que saídes todos feitos uns artistas!

Paso 1Tutorial como facer as bolas de malabares (pincha aquí)

Paso 2Exercicios iniciación ós malabares

Paso 3. Proba práctica malabares



Paso 4Tutorial WeTransfer para enviar o vídeo do exame ó correo oscar.romero.chouza@edu.xunta.es


Calquera dúbida/problema que se vos presente durante este proceso podedes preguntarme no colexio.